•Será no espazo expositivo da Praza de Abastos, do 19 ao 21 de decembro
•O Concello de Monforte anunciou a recuperación da feira de artesanía local Artelemos, despois de tres anos sen celebrarse. Este evento, que reunirá a unha vintena de expositores, desenvolverase no espazo expositivo da Praza de Abastos os días 19, 20 e 21 de decembro.
APROVEITAR O TIRÓN DE COMPRAS DOS AGASALLOS DE NADAL
O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou a celebración de Artelemos logo dunha xuntanza mantida cun grupo de artesáns. Tomé explicou que a data escollida coincide co momento de máis compra de agasallos do ano, co que se trataría de favorecer aos artesáns locais para unha mellor venda dos seus produtos.
PRIORIDADE AOS ARTESÁNS DE MONFORTE E COMARCA
Tomé precisou que as bases reguladores da feira Artelemos foron aprobadas na xunta de goberno do día 16 deste mes, e o prazo para inscribirse como expositor abriuse ao día seguinte. Según explicou o rexedor, no proceso priorizaranse as solicitudes dos artesáns que sexan de Monforte e da súa comarca, e os que propoñan obradoiros artesáns.
VALOR ENGADIDO
A feira Artelemos suporá tamén, según explicou o alcalde de Monforte, unha aposta polos recursos do territorio. «A través do traballo dos artesáns, damos un valor engadido ao potencial da Ribeira Sacra», subliñou Tomé.•