O PP de Monforte anima a presentar alegacións contra o IBI actual

Di que non hai obligación de manter en 2016 o tipo impositivo dos últimos dous anos

•O grupo municipal do Partido Popular de Monforte anunciou que vai realizar unha serie de xuntanzas con asociacións e colectivos da cidade para animar á xente a que presente alegacións contra o IBI.

BAIXAR O IBI DO 0,605% ACTUAL AO 0,55%

Según explicou a portavoz do PP no Concello de Monforte, Julia Rodríguez, en 2016 non hai obligación de manter o tipo impositivo do 0,605% dos dous últimos anos. A pretensión do PP, según a transmitiu no último Pleno municipal, é que se rebaixe este imposto ao 0,55%.

Julia Rodríguez explicou que o PP porá a disposición da veciñanza e das asociacións un modelo de reclamación sinxelo que, unha vez cuberto, poderá depositarse no rexistro do Concello «como queixa ante un tipo impositivo que cremos que debería rebaixarse». A voceira dos populares no Consistorio monfortino lembrou que o actual tipo do 0,605% foi unha medida «temporal e excepcional» ata 2015, e de manterse para o vindeiro ano «representaría unha diferencia de 312.000 euros que terán que saír do peto de todos os monfortinos».

CONSEGUIR A REBAIXA DO IBI A TRAVÉS DAS ALEGACIÓNS «QUE TERÁN QUE SER ESTIMADAS»

Julia Rodríguez criticou a postura do alcalde, «que se cansou de criticar a prórroga do IBI como unha imposición do Goberno central, e agora a mantén». Dende o grupo municipal do PP lamentan que o Goberno local non tivera en conta a súa proposta de rebaixa, polo que van tratar de conseguilo a través das alegacións cidadáns, «que terán que ser estimadas». O prazo para presentar ditas alegacións remata o 4 de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Escairón disfrutou do teatro no Auditorio Municipal

Seguinte Nova

Formación para a calidade turística en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: