•O acto coincidiu co partido senior contra o Basquet Coruña no Novo Chanto, que rematou con vitoria local

• O Novo Pavillón do Chanto acolleu o domingo 22 de novembro a presentación oficial dos 10 equipos que integran o CB Sarria esta tempada, acompañados dos seus adestradores. Máis de cen deportistas desfilaron pola cancha sarriá antes de agruparse por categorías, representadas baixo cadanseu patrocinador. O acto de presentación contou cunha nutrida afluencia de público na grada do Novo Chanto.
DEZ EQUIPOS
En categoría minibasket, compiten o feminino Saneamientos Sarria e o masculino Covissa CB Sarria. Xa na categoría infantil, xogan en segunda división dous equipos masculinos, o Oral Design CB Sarria e o AG Elevadores CB Sarria, ademais do feminino Floristeria Madeira CB Sarria.
Pola súa banda, na categoría junior compiten en segunda división o masculino Recambios Fraín CB Sarria e o feminino Unkia CB Sarria.
En categoría senior, o Cafetería Polo CB Sarria disputa a Terceira División masculina, mentres que o Neumáticos Sarria xoga en Primeira División Autonómica feminina. Para completar o plantel sarriao, os senior do Alfa Auriga CB Sarria masculino compiten en Primeira División.
EXCELENTE TEMPARADA DO ALFA AURIGA
O acto coincidiu co partido entre o Alfa Auriga CB Sarria e o Leyma Basquet Coruña, que rematou con vitoria local por 57-49. O Alfa Auriga está a facer unha extraordinaria tempada, a só un punto do primeiro clasificado do grupo norte. Adestrados polos técnicos Marcos López e Jorge López, a plantilla do Alfa Auriga está integrada por Daniel Eiriz, Jorge García, Eladio López, Daniel López, César López, Adrián López, Miguel Balboa, Alberto García, Emilio, John, Iker Trevijano, e Rubén Pernas.•