Presentan o venres 27 en Sarria unha novela de tema xacobeo

«A viaxe á fin do mundo», do sarriao Manuel F. Rodríguez, plantea o misterio dun roubo na Catedral a comezos do século XX

• O venres 27 de novembro ás 20 horas, a Casa da Cultura de Sarria acolle a presentación da novela «A viaxe á fin do mundo», do escritor, xornalista e investigador sarriao Manuel F. Rodríguez. A presentación do libro correrá a cargo de Elvira Vila, presidenta da Asociación Cultural Irmandade Sarria-Guerlédan, e contará coa participación de Luís Celeiro, xefe do Gabinete de Comunicación da USC, xornalista e escritor; e de Francisco Singul, xefe de Exposicións e Publicacións do Xacobeo, e escritor.

A ficción que plantea Manuel F.Rodríguez arranca en 1906, co roubo na Catedral compostelana da máis antiga ofrenda consagrada ao Apóstolo. Este feito non tivo repercusión na prensa da época, e cen anos despois, será un xornalista de Santiago quen retome o fío dos feitos, emprendendo unha viaxe á fin do mundo na que atopará inesperadas respostas.

O sarriao Manuel F.Rodríguez é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Logo de traballar en diversos medios de comunicación, exerce dende 1992 como técnico cultural no Xacobeo. É autor de media ducia de libros en torno á cultura xacobea, ademais de colaborar en obras colectivas sobre este tema.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte e Chantada, entre os gañadores do Xuventude Crea

Seguinte Nova

A produtora monfortina Amanita Films estreou a súa primeira longametraxe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: