Quiroga explota o seu atractivo paisaxístico apostando polo sendeirismo

•O Concello, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, desenvolveu un plan de ordenación das rutas de sendeirismo •Con este traballo, Quiroga busca ser referencia para os amantes do sendeirismo

Logo das accións do Plan Integral de Ordenación dos Sendeiros de Quiroga, o municipio dispón de seis rutas homologadas.  (Foto cedida).
Logo das accións do Plan Integral de Ordenación dos Sendeiros de Quiroga, o municipio dispón de seis rutas homologadas. (Foto cedida).

• A riqueza natural e paisaxística do municipio de Quiroga centra o traballo que se leva a cabo dende o Concello para convertir a esta zona nunha referencia do turismo de interior. Nesta ocasión, a aposta vén da man do sendeirismo, coa recuperación oficial de camiños para xerar o que é agora mesmo o conxunto de sendeiros máis importante de Galicia dentro dos límites dun municipio.

Este mes de novembro, o Concello de Quiroga deu a coñecer os resultados do Plan Integral de Ordenación dos Sendeiros de Quiroga, un traballo desenvolvido dende o Consistorio en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. O obxectivo do Goberno municipal é convertir a Quiroga nun dos puntos de referencia para os amantes do sendeirismo. Con estas miras, desenvolvéronse varias actuacións dentro deste Plan Integral.

O Plan Integral tamén incluiu o arranxo de dous miradoiros, o que dota a Quiroga dunha rede de seis miradoiros naturais acondicionados para o turismo.   (Foto cedida).
O Plan Integral tamén incluiu o arranxo de dous miradoiros, o que dota a Quiroga dunha rede de seis miradoiros naturais acondicionados para o turismo. (Foto cedida).

TRABALLO DE CAMPO PARA DETERMINAR OS MELLORES ITINERARIOS CON TODOS OS DATOS DE INTERESE

O primeiro paso consistiu na realización dun estudo completo de todos os itinerarios activos dentro do municipio quirogués, incluíndo toma de datos GPS, fotografías e todo tipo de información de utilidade para os sendeiristas, ao tempo que se decidiu sobre qué percorridos eran os máis axeitados para a prática desta disciplina.

QUIROGA CONSIGUE TRES NOVAS RUTAS HOMOLOGADAS

Logo de completar este traballo de campo, os resultados obtidos ata a fecha estructuráronse en tres áreas. Por unha banda, o mapa de rutas de sendeirismo do municipio de Quiroga incorporou tres novos camiños, homologados pola Federación Galega de Montañismo, a entidade que ten as competencias para emitir este recoñecemento. O concello xa contaba cunha ruta oficial, a Ruta do Ouro e do Camiño Real, que parte de Margaride, e a continuación tramitárase a homologación do Camiño de Ferradal ou da Caleira, entre Rugando e Ponte Soldón, e a Ruta da Lagoa de Lucenza, dende A Seara. Por último, o recente Plan Integral recoñece como homologadas a Ruta de Seara a Rugando, a Ruta do Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós, dende Leixazós ata Campos de Vila, e a Ruta do Val do río Quiroga, dende Campos de Vila ata Casa do Vello. Para acadar esta homologación, foi necesario proceder á instalación de sinais e paneis informativos das diversas rutas, según as especificacións oficiais da Federación. Deste xeito, Quiroga pasa a ser o concello de Galicia con máis rutas homologadas.

O SENDEIRISMO DE QUIROGA EN INTERNET

Co obxectivo de promocionar este recurso, o Concello de Quiroga creou un perfil no portal Wikiloc, en constante actualización, onde se indican os mellores percorridos e o seu estado, e que pode consultarse dende calquer dispositivo móbil.

RUTA DOS MIRADOIROS CON SEIS PUNTOS

Por último, outro dos resultados do Plan Integral de Ordenación dos Sendeiros de Quiroga foi a configuración dunha rede de seis miradoiros. As actuacións serviron para acondicionar o miradoiro de Castro Dares, incluído dentro da Ruta do Ouro e do Camiño Real de Margaride, e tamén o da Conchada, con vistas á vila de Quiroga. Estes dous puntos emblemáticos da paisaxe quiroguesa incorpóranse así ao conxunto de miradoiros que xa estaban en condicións de acceso e disfrute neste concello: o de Montefurado en Angueiros, o de Bustelo en Fisteus, o miradoiro da Golada en A Seara, e o miradoiro de Campodola, que pon en valor o sinclinal da Serra do Courel. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga pon en marcha as clases de ioga

Seguinte Nova

Todos somos París: reaccións na nosa provincia ante os atentados do 13-N

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: