Todos somos París: reaccións na nosa provincia ante os atentados do 13-N

As institucións convocaron diversas concentracións para expresar o seu rexeitamento ao terrorismo e a súa solidaridade coas familias das vítimas

15-11-2015 CONCENTRACIÓN mfte ATENTADOS PARÍS

MONFORTE REACCIONOU AOS ATENTADOS DE PARÍS CUNHA CONCENTRACIÓN.

En Monforte, os membros da Corporación local concentráronse o domingo día 15 ao mediodía para amosar o seu rexeitamento ao terrorismo tras os atentados de París. (Foto: GPCM.)

delegacion xta lugo-161115Concentración

«A NOSA COMUNIDADE, DIVERSA E MULTICULTURAL, SÚMASE Á REPULSA POLOS ATENTADOS» DIANTE DA DELEGACIÓN DA XUNTA EN LUGO.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou que a concentración do día 16 diante do Edificio Multiusos serviu para «amosar a nosa solidaridade e as nosas condolencias a Francia, e de forma moi especial, aos familiares das vítimas dos atentados terroristas» ocurridos o venres 13 de novembro na capital gala. Arias explicou que «a provincia de Lugo asistiu conmocionada a esta traxedia», e afirmou que «a nosa comunidade, que é diversa e multicultural, súmase á repulsa polos atentados, e reafirmámonos na convivencia pacífica que nos caracteriza e que, sen dúbida, vai ser o mellor antídoto contra o odio dos fanáticos». (Foto: GPDTL).

151115- concentracion lugo dip masacre paris

«A MÁIS ABSOLUTA REPULSA E CONSTERNACIÓN» NO COMUNICADO DO GOBERNO PROVINCIAL DE LUGO.

O día 14, o Goberno da Deputación de Lugo emitiu un comunicado para manifestar a súa «máis absoluta repulsa e consternación» ante os atentados de París, e enviouno á Embaixada de España en Francia para a súa comunicación ás autoridades galas. Os membros da Corporación sumáronse á concentración de Lugo organizada pola FEMP e FEGAMP. (Foto: GPDL).

masacre paris- feijoo_mariapita_002

A XUNTA TRANSMITIU «EN NOME DOS GALEGOS, O SEU PESAR E SOLIDARIEDADE A TODO O POBO FRANCÉS»

O sábado día 14, a Xunta emitiu un comunicado no que expresaba a súa «máis firme condena» aos atentados rexistrados o venres 13 en París. No comunicado, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu ademais, «en nome do conxunto dos galegos, o seu pesar e solidariedade aos familiares das vítimas e a todo o pobo francés». Na concentración celebrada o domingo diante do Concello de A Coruña, o presidente da Xunta afirmou que «todos os galegos se senten franceses, igual que o conxunto dos españois». (Foto: GPXG).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga explota o seu atractivo paisaxístico apostando polo sendeirismo

Seguinte Nova

A Deputación esixe á Xunta que paralice a suba do canon de Sogama aos concellos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss