Vitoria monfortina no Enduro de Quiroga

• O domingo 22 tivo lugar en Quiroga a derradeira proba da competición autonómica do enduro afeccionado. Un total de 163 motoristas déronse cita neste evento, organizado polo club Enduro Quiroga. Según información dende a Asociación Cultural Artística Deportiva da Moto de Campo, organizadora da competición autonómica, o gañador na categoría reina Elite 4t foi o monfortino Luis César Morales, do club RadiKal Sober, mentres que o boirense Dani Mayán, do Team Arjones Beta, gañou na categoría Elite 2t e na scratch. Na categoría Open 4t, impúxose o piloto de O Barco Jorge Paradelo.

Dende a organización, destacaron a gran implicación dos membros do club Enduro Quiroga para sacar adiante o desenvolvemento desta proba.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia é unha das catro Comunidade máis seguras de España

Seguinte Nova

Aberto o prazo das axudas do Concello de Quiroga para o transporte de estudantes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: