28 establecementos participan no Tapicheo’15 de Sarria, co chourizo como gran protagonista

•Do 3 ao 8 de decembro, Sarria encherase de sabores coa celebración do Tapicheo’15. Un total de 28 establecementos participan na edición deste ano, que terá como gran protagonista ao chourizo. Durante os seis días que dura o Tapicheo’15, os locais ofrecerán dúas modalidades de tapa a concurso, unha tradicional e outra innovadora. O requisito fundamental desta edición é que o chourizo debe ser ingrediente obrigatorio dunha das dúas tapas.

HORARIOS E PREZOS

Veciños e visitantes poderán degustar as tapas do concurso a un prezo que oscilará entre 0,50 e 2 euros. As tapas que compitan no concurso estarán dispoñibles como mínimo de oito da tarde a once da noite, sendo opcional ofrecelas na quenda de mediodía, dende a unha ata as tres da tarde.

Os consumidores poderán emitir o seu voto, para elixir ás mellores tapas, en cada un dos establecementos. Do reconto de votos deste xurado popular sairán cinco finalistas por categoría. Pola súa banda, un xurado profesional procederá á degustación das tapas o día 12 de decembro, data na que tamén se poderán ofrecer de novo ao público nos establecementos que o desexen.

ONDE TAPICHEAR

Os establecementos participantes no Tapicheo’15 son Hotel Alfonso IX, O Descanso, Bar Rosyl, Cafetería La Polar, Cervecería D’Pont, 8MM, Vilas Bar, Taberna da Pili, Cafetería Central, dp Cristal, Restaurante O Chanto, Cafetería Credencial, Travesía dos Soños, Mesón O Tapas, D’Orixen, Don Pepe, Meigallo La Terraza, As de Picas, Cafetería Santiago, Cafetería Next, Mesón Roberto, Bar Montecarlo, El Parisién, Anduriñas, Adarve, Cafetería Onde Sempre, 14 cerotres, Milola.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chegou a campus de Lugo a “Oficina de Dereitos Perdidos”

Seguinte Nova

TAMARA LEBÓN SÁNCHEZ INAUGUROU A SÚA MOSTRA DE FOTOGRAFÍA «MUNDO ANIMAL» NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BÓVEDA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: