A Banda de Música de Chantada está de aniversario, e aproveitou a celebración do 21 de novembro, día de Santa Icía e padroa dos músicos, para ofrecer un gran concerto no Auditorio de Chantada. O encontro musical serviu para estrear a peza «Chantada», encargo da Banda ao compositor Raúl Martín, e que contén tres movementos: «O Monte do Faro», «A Feira do Viño», e «Chancollage». Ademais deste evento, a efeméride complétase coa exposición fotográfica «150 anos de música», na Casa da Cultura de Chantada. Todos estes actos comporán un documental sobre a historia da Banda de Chantada que prepara a Fundación TIC.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco