A Sociedade Filarmónica de Monforte organiza un concerto o 12 de decembro

• A vindeira cita musical que organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte terá lugar o sábado 12 de decembro ás 18,30 horas na igrexa dos Escolapios. Nesta ocasión, será a Coral Polifónica El Eco a encargada da posta en escea dun variado programa musical.

A centenaria agrupación vocal coruñesa centrará a primeira parte do concerto de Monforte na figura de Giuseppe Verdi, abrindo a sesión coa «Barcarolle» de «I due Foscai», seguindo co «Coro di Crociati e Pellegrini» de «I Lombardi», e continuando coa interpretación de «Si ridesti il leon di Castiglia» da ópera «Ernani».A parte adicada a Verdi completarase con fragmentos de «Macbeth», «Il Trovatore» e «Nabucco».

A segunda parte do concerto integrará pezas de diversos autores de zarzuela. Así, El Eco interpretará o coro inicial de «El barberillo de Lavapiés»; un fragmento da peza «La del soto del parral», de Soutullo e Vert; o Chotis de Madrid», pertencente a «La Chulapona» de Moreno Torroba; a «Mazurca de las sombrillas», da «Luisa Fernanda» de Moreno Torroba; o «Viva Madrid» da peza «Don Manolito» de Sorozábal; e o Coro de románticos» da zarzuela «Doña Francisquita», de Vives.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Financiamento da Xunta para soterrar o cableado na contorna do Mosteiro de Ferreira

Seguinte Nova

A BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA HOMENAXEA A SANTA ICÍA NOS 150 ANOS COMO AGRUPACIÓN

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss