As setas ao alcance de todos na Casa da Xuventude de Chantada

As XX Xornadas Micolóxicas culminaron cunha exposición comentada en torno aos exemplares recollidos durante a actividade

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Chantada vén de completar as XX Xornadas Micolóxicas, nunha cita divulgativa para achegar os segredos das setas ao público en xeral. Con este fin, a Casa da Xuventude organizou unha serie de actos ao longo da segunda semana de novembro, que incluiu actividades no propio centro, e saídas ao campo para a recollida de setas e cogomelos.

A axenda destas Xornadas Micolóxicas iniciouse o día 9 cun curso de iniciación sobre os cogomelos e as súas características, e continuou o día 10 coa proxección dun audiovisual onde se amosaron as claves para distinguir as setas aptas para o consumo.

O terceiro día desta programación centrouse na recollida no monte de setas e cogomelos. As Xornadas remataron o xoves 12 de novembro, e neste último día desenvolveuse a preparación da exposición comentada de todos os exemplares recollidos. Os asistentes puideron comparar as diversas especies, aconsellados por un experto. Ademais, tiveron ocasión de resolver dúbidas ou coñecer máis detalles comparando os exemplares físicos co visionado das especies fotografiadas na exposición de Pilar Seijas Gómez, titulada «Tesouros micolóxicos da zona de Chantada». A mostra estivo aberta na mesma Casa da Xuventude ata o día 24 deste mes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte recuperará en decembro a Feira Artelemos

Seguinte Nova

Chegou a campus de Lugo a “Oficina de Dereitos Perdidos”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: