Chegou a campus de Lugo a “Oficina de Dereitos Perdidos”

Con esta iniciativa, o PSOE quere informar aos xoves sobre as súas medidas para «recuperar os dereitos á igualdade de acceso ao ensino que se perderon co PP»

A candidata socialista ao Congreso por Lugo, Margarita Pérez Herraiz, e o secretario das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza Manso, informan aos estudantes do campus lucense o pasado 20 de novembro . (Foto cedida).
A candidata socialista ao Congreso por Lugo, Margarita Pérez Herraiz, e o secretario das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza Manso, informan aos estudantes do campus lucense o pasado 20 de novembro . (Foto cedida).

•Os estudantes do campus de Lugo puideron achegarse o día 20 á «Oficina de Dereitos Perdidos», unha iniciativa de carácter informativo que o PSOE levou á capital lucense para amosar as súas propostas de cara a «recuperar os dereitos á igualdade de acceso ao ensino que se perderon co PP». No punto informativo atendían aos xoves a candidata ao Congreso por Lugo, Margarita Pérez Herraiz, e o secretario das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza Manso.

PÉREZ HERRAIZ: «NESTA LEXISLATURA PERDEMOS EN CALIDADE E EN BECAS»

Pérez Herraiz destacou a intención dos socialistas de «aproximarnos á xente en xeral, e moi especialmente aos mozos e mozas». A candidata socialista por Lugo lembrou que «nesta lexislatura perdemos en calidade e en becas, e ademais se aprobaron medidas en soidade, sen contar cos demais grupos políticos e coa comunidade educativa». Pérez Herraiz lembrou que coas propostas do PSOE «universalizaremos as prazas de educación entre os 0 e os 18 anos, melloraremos a Formación Profesional para que teña unha maior calidade, e incrementaremos o número de prazas».

BOUZA: «QUEREMOS ESCOITAR AOS XOVES»

Pola súa banda, Bouza Manso lembrou que esta «Oficina de Dereitos Perdidos» xa leva percorridos varios campus españois, e seguirá por outras áreas universitarias galegas. «Queremos escoitar de primeira man as necesidades e inquedanzas do estudantado, e da cidadanía en xeral», explicou o secretario das Xuventudes Socialistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As setas ao alcance de todos na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

28 establecementos participan no Tapicheo’15 de Sarria, co chourizo como gran protagonista

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: