Darío Campos achegouse a Monforte na súa primeira visita institucional como Presidente da Deputación

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, foi recibido polo alcalde de Monforte, José Tomé, e membros da Corporación local na súa primeira visita á cidade como mandatario provincial. EC
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, foi recibido polo alcalde de Monforte, José Tomé, e membros da Corporación local na súa primeira visita á cidade como mandatario provincial. EC

• O 26 de novembro, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, foi recibido no Concello de Monforte polo alcalde, José Tomé, e membros da Corporación, na que foi a súa primeira visita á cidade como mandatario provincial. Tomé puido trasladar ao presidente da Deputación os principais problemas de Monforte «para crecer como cidade e dotala de mellores servizos».

Entre as cuestións planteadas, Tomé trasladou a Campos a necesidade «clave para hoxe e para o futuro» que é o Plan Xeral de Ordenación Urbana, no que se deberá incluír, entre outros aspectos, a recalificación como terreos industriais das parcelas adquiridas no seu día pola Deputación, e adxudicalas ao polígono do Reboredo. Outro dos aspectos tratados na xuntanza foi o saneamento, tanto na rede urbana como nos servizos ás zonas industriais. Este punto requeriría, según Tomé, dun investimento de preto de 12 millóns de euros, para o que sería preciso establecer convenios con diversas administracións.

Tomé tamén trasladou a Campos a necesidade de acometer reformas no espazo urbano e nas parroquias, «que repercutan na creación dunha cidade máis atractiva para a veciñanza, e tamén pensando no turismo». Na xuntanza, o alcalde falou co mandatario provincial de diversos desarrollos urbanísticos e turísticos, como o proxecto dunha praia fluvial no Cabe.

Pola súa banda, Darío Campos suliñou que, pola súa experiencia como alcalde da Pontenova, é consciente das necesidades dos municipios. O presidente da Deputación amosou o seu compromiso de colaborar co concello de Monforte, sobre todo nos aspectos do Plan Xeral e do saneamento.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xubilación de Aurea Olmo, do IES A Pinguela

Seguinte Nova

Campaña de recollida solidaria de alimentos para o Nadal en Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss