• O Concello de Sober sumouse á celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Os escolares do CEIP Virxe do Carme participaron nun obradoiro didáctico de cartas de amor, organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade. Este mesmo departamento da Xunta inaugurou en Sober a exposición itinerante «Cartas de Amor», con traballos firmados por artistas gráficos galegos de prestixio. •