
• O IES Río Cabe de Monforte cumple 50 anos, e para celebralo está a organizar unha serie de actos conmemorativos. Un dos seus antigos alumnos é o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que quixo sumarse ao aniversario do seu instituto. Conde mantivo o día 24 deste mes un encontro co alumnado do IES Río Cabe, onde os animou «a non poñer límites ás súas aspiracións», e salientou que para iso é fundamental a formación permanente. Conde destacou que o talento que se forma nas escolas marcará a innovación das empresas do futuro, e transmitiou aos xoves a necesidade de «non acomodarse» e «aprender do fracaso para volver a levantarse».•