Pantón ofrece novas actividades lúdicas para disfrutar en familia na ponte da Constitución

O Concello de Pantón vén de organizar para comezos de decembro dúas actividades lúdicas para realizar en familia. En primeiro lugar, propón a actividade «Inglés en familia», destinada a pais/nais cos seus fillos de entre 3 e 10 anos, que se desenvolverá o domingo 6 de decembro. O programa de «Inglés en familia» inclúe xogos, música e contos, entre outras actividades. Por outra banda, o martes 8 de decembro terá lugar terá lugar o obradoiro «Cociña co teu fillo», tamén dirixida a pais/nais con fillos entre 3 e 10 anos. O obradoiro inclúe a elaboración de tapas, realización de catas e desenvolvemento de xogos, entre outros. Ambas actividades celebraranse no Edificio Sociocultural de Ferreira de 17 a 19 horas. O prezo de cada actividade por familia cun fillo é de 5 euros, e de 8 euros por familia con dous ou máis fillos. As inscricións realizaranse ata o 30 de novembro no Edificio Sociocultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Campaña de recollida solidaria de alimentos para o Nadal en Pantón

Seguinte Nova

Formación para coidadores de enfermos con demencia en Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss