Piden crear un museo da guerrilla galega en Chantada

• Coincidindo co 40ª aniversario da morte de Francisco Franco, o BNG de Chantada presentou o proxecto do Museo da Guerrilla Galega, que se establecería en Chantada baixo a denominación de O Piloto. Según explicaron o responsable local do BNG de Chantada, André Sánchez Labandeira, e o escritor e xornalista Afonso Eiré, responsables do proxecto, este museo non só sería un espazo expositivo, senón que se concebiría como un ecomuseo ao aire libre nos lugares máis emblemáticos da guerrilla e da figura de Xosé Castro Veiga «O Piloto». Ademais de «protexer o patrimonio memorial democrático», os responsables deste proxecto consideran que o Museo serviría como un atractivo máis para a dinamización económica da zona.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan 16 enmendas aos Orzamentos da Xunta vinculadas ás comarcas do sur lucense

Seguinte Nova

Sarria, capital por uns días da ciencia escolar de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: