Presentan 16 enmendas aos Orzamentos da Xunta vinculadas ás comarcas do sur lucense

• A mediados deste mes, o grupo parlamentario socialista presentou un total de 616 enmendas aos Orzamentos da Xunta para 2016, das que 16 están referidas ás comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS, EDUCACIÓN E TURISMO

En concreto, segundo precisou o deputado Vicente Docasar, as enmendas presentadas están referidas ás infraestruturas de comunicación, como a conexión do Porto Seco coa N-120, a desta plataforma loxística coa vía de altas prestacións de Monforte – Lugo, o arranxo da estrada de Folgoso a Seoane do Courel, e da estrada de Currelos a Rubián. Tamén teñen en conta os servizos como a depuradora de Piñeira, a conexión do saneamento do Porto Seco coa rede de Monforte, a remodelación da Estación de Autobuses da cidade do Cabe, e a conexión do polígono do Reboredo na Bastida. A educación tivo o seu espazo de reivindicacións nas enmendas sobre a creación dunha sección de Inglés da Escola Oficial de Idiomas no IES Lama das Quendas de Chantada, os arranxos nos CEIIP de A Pobra do Brollón e do Courel, e no IES Daviña Rey de Monforte, ou a necesidade de adaptar o Colexio Infanta Elena como centro de continuidade. En canto a benestar social, as enmendas presentadas polos socialistas inclúen a residencia de maiores de Carballedo. Por último, tamén se incluíron enmendas sobre a sinalización do Camiño de Inverno, e a potenciación do turismo na Ribeira Sacra e no Courel.•

A Deputación arranxará a estrada Monforte-Currelos

•O Pleno provincial aprobou unha moción do PP para que a Deputación arranxe a estrada LU-P-3202 que comunica Monforte con Currelos. Os populares instaron ao Goberno provincial a que destine nos orzamentos de 2016 unha partida para esta actuación, xa que é unha vía principal de acceso ao centro de Monforte dende o corredor, que entrará en funcionamento o día 27. Os populares suliñaron que o firme que presenta o vial está deteriorado. Dende o PP lembraron que o Goberno de Candia tiña previsto dotar con financiamento esta actuación, e confían en que o Goberno actual a inclúa nos orzamentos do vindeiro ano.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober celebra a Santa Icía con música

Seguinte Nova

Piden crear un museo da guerrilla galega en Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: