Sarria, capital por uns días da ciencia escolar de Galicia

O IES Xograr Afonso, sede do XXVIII Congreso dos Ensinantes de Ciencias de Galicia

•250 docentes asistiron ás 53 ponencias presentadas, que estiveron abertas ao público e ao alumnado•A comunidade educativa do IES Xograr Afonso volcouse na organización

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Do 19 ao 21 de novembro, Sarria transformouse na capital da ciencia escolar, coa celebración no IES Xograr Afonso do XXVIII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Según explicou José Manuel Valcarce, director do centro e membro da organización, no primeiro gran evento que asume o instituto sarriao participaron 250 docentes de toda Galicia, con 53 ponencias de carácter divulgativo, abertas tamén para o público en xeral.

O alumnado de 4º ESO colaborou moi activamente na organización e asistencia ao longo do congreso, e de paso puideron recadar fondos para a excursión de fin de etapa.

O congreso serviu para escoitar a científicos de recoñecemento internacional, como Alberto Cabada, catedrático de Análise Matemática na USC e antigo alumno deste instituto sarriao. Aproveitando a ocasión, o centro convertiuse nun gran museo científico, con varias exposicións monográficas realizadas polo alumnado de 4º ESO e por outros centros de ensino, e coa aportación dunha mostra de paneis do programa Educabarrié, da Fundación Barrié.

E para compensar o traballo das ponencias e obradoiros, os congresistas tiveron tempo de coñecer e disfrutar da riqueza natural e patrimonial de Sarria a través de diversas excursións guiadas pola contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Piden crear un museo da guerrilla galega en Chantada

Seguinte Nova

O sur de Lugo esixe o fin da violencia de xénero con motivo do 25-N

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: