TAMARA LEBÓN SÁNCHEZ INAUGUROU A SÚA MOSTRA DE FOTOGRAFÍA «MUNDO ANIMAL» NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BÓVEDA

Foto realizada por Tamara Lebón Sánchez, e que ilustra o cartel da súa exposición "Mundo Animal" no Centro Sociocultural de Bóveda. (Foto cedida).
Foto realizada por Tamara Lebón Sánchez, e que ilustra o cartel da súa exposición «Mundo Animal» no Centro Sociocultural de Bóveda. (Foto cedida).

A programación sociocultural do Concello de Bóveda continuou este mes con dúas citas. Na tarde do sábado 21 de novembro, o Salón de Actos do Centro Sociocultural acolleu a partir das seis unha sesión de teatro, a cargo do grupo de teatro afeccionado Debulla, que puxo en escea a obra «PerverSons». Esta actividade forma parte do programa de teatro Buxiganga, desenvolvido pola área de Cultura da Deputación de Lugo.

Asimesmo, dende o día 21 de novembro e ata finais do mes de decembro, pode verse no espazo expositivo do Centro Sociocultural de Bóveda a mostra titulada «Mundo Animal», firmada pola veterinaria e fotógrafa Tamara Lebón Sánchez. A exposición xunta un total de 23 instantáneas, que recollen unha mirada espectacular e tamén empática hacia estes seres cos que compartimos o planeta e a vida. A mostra de Tamara Lebón está aberta ao público de luns a sábados de 16,30 a 18,30 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

28 establecementos participan no Tapicheo’15 de Sarria, co chourizo como gran protagonista

Seguinte Nova

Xubilación de Aurea Olmo, do IES A Pinguela

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: