•A Asociación Veciñal de O Saviñao vén de solicitar ao Goberno local que no último Pleno ordinario deste ano se aprobe unha redución do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Segundo este colectivo veciñal, esta decisión foi tomada na anterior sesión plenaria, polo que agardan que sexa aprobada definitivamente antes de que remate o ano. Dende a Asociación Veciñal de O Saviñao solicitan que este imposto volva ao tipo impositivo anterior á suba, retornando ao 0,50.
Na súa solicitude, o colectivo veciñal lembrou que medidas similares xa foron tomadas en diversos concellos da comarca de Lemos, como Monforte e Sober. Ademais, destacaron que en Pantón a baixada acadou o 0,49.
Dende a Asociación confían en que o acordo plenario axude a aliviar a carga tributaria municipal sobre os veciños.•