A Biblioteca de Quiroga superou as 4.000 visitas anuais

Ademais, a estas boas cifras de uso, que inclúen consultas esporádicas e regulares dos diversos recursos, hai que sumar os preto de 700 socios cos que conta a Biblioteca Pública Municipal de Quiroga. Para responder a esta importante demanda, dende o Concello de Quiroga están a poñer en marcha diversas medidas co fin de mellorar este servizo. Por unha banda, o Concello renovou os ordenadores de sala da Biblioteca o pasado verán, para favorecer o uso gratuíto do servizo de acceso á información a través de wifi e internet en sala. Por outra banda, o Concello está a realizar adquisicións de material bibliográfico para actualizar e enriquecer o fondo de libros da Biblioteca Municipal, que xa supera os 8.000 rexistros. Neste sentido, o Concello adquiriu un total de 46 novos títulos, tanto en galego como en castelán, con predominio do xénero de narrativa. Estas adquisicións foron realizadas con cargo á subvención plurianual que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece para a mellora dos fondos bibliográficos da Rede de Bibliotecas de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Parroquias de Quiroga e do Courel activaron a campaña solidaria «Operación Kilo»

Seguinte Nova

Quiroga, entre as 20 sedes galegas dos Campos de Traballo Internacionais celebrados en 2015

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss