A Fundación CEL fomenta a iniciativa emprendedora entre o alumnado de Turismo do IES Río Cabe

A xornada formativa que a Fundación CEL organizou no IES Río Cabe estivo dirixida ao alumnado do Ciclo superior de Guía, Información e Asistencia turísticas. (Foto cedida).
A xornada formativa que a Fundación CEL organizou no IES Río Cabe estivo dirixida ao alumnado do Ciclo superior de Guía, Información e Asistencia turísticas. (Foto cedida).

A primeira semana de decembro, o IES Río Cabe acolleu unha xornada formativa, dirixida ao alumnado do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas, organizada pola Fundación CEL-Iniciativas por Lugo.

CÓMO EMPRENDER, APOIOS INSTITUCIONAIS, E UN CASO PRÁTICO

A xornada estivo centrada no fomento da mentalidade emprendedora entre o alumnado. Con este obxectivo, a consultora Paula Tenreiro desenvolveu unha sesión sobre os primeiros pasos que todo emprendedor debe ter en conta para poñer en marcha a súa empresa. A continuación, o xerente da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, Rodolfo Ojea, explicou aos asistentes as diversas iniciativas que esta institución ten en marcha para apoiar os proxectos dos emprendedores lucenses. Por último, a xornada completouse coa análise dun caso prático. A responsable de comunicación e marketing da empresa Miramar Cruises, Isabel Chousa, deu a coñecer aos estudantes a experiencia desta exitosa empresa lucense, adicada á venda de cruceiros on line. Esta firma comercializa viaxes turísticas por mar a través da rede, polo que as novas tecnoloxías están na base da súa existencia. Chousa lembrou a fórmula do emprendedor, baseada no traballo, a formación continua, ter unha boa idea, elixir un sector en constante cambio e permeable á innovación, e contar co apoio institucional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Tres alumnos do IES A Pinguela completaron a súa estadía europea no Programa Erasmus +

Seguinte Nova

En marcha o Plan Invernal na rede de estradas provinciais

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio