Augas Santas acolleu o 6º Torneo Gadis Cesta de Nadal

Foto de familia cos premiados no 6ºTorneo Gadis Cesta de Nadal, celebrado en Augas Santas o pasado 19 de decembro. (Foto cedida).
Foto de familia cos premiados no 6ºTorneo Gadis Cesta de Nadal, celebrado en Augas Santas o pasado 19 de decembro. (Foto cedida).

• Un total de 78 xogadores participaron no 6º Torneo Gadis Cesta de Nadal, celebrado nas instalacións de OCA Augas Santas Golf & Resort o pasado 19 de decembro. Con esta cita deportiva, a firma galega de distribución alimentaria vén promovendo o golf amateur dende o ano 2010.

A proba, disputada baixo a modalidade individual stableford handicap, rematou coa vitoria da local Fátima Franco, seguida de Román Lorenzo, do club Ría de Vigo, e de Andrés González, de Lugo. Pola súa banda, o vencedor scratch foi Oscar Morán, do club de golf Villarín, de Zamora. O premio á mellor dama recaeu en Mª Jesús Torres, do club Ría de Vigo, e o premio á bola máis cercana foi para o local Antonio Otero. Ao remate da competición, tivo lugar un sorteo de agasallos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Competición e solidariedade no CB Sarria por Nadal

Seguinte Nova

Tres alumnos do IES A Pinguela completaron a súa estadía europea no Programa Erasmus +

Últimas noticias sobre CULTURA

Concerto de vilonchelo

O violoncelista Carlos Vidal, galardoado en varios concursos internacionais, ofrecerá un concerto de violonchelo en Sober

A %d blogueros les gusta esto: