
• No CB Sarria seguen a vincular competición e solidariedade no seu calendario de eventos. Coincidindo coas datas de Nadal, o clube sarriao vén de poñer en marcha dende comezos deste mes unha campaña de recollida solidaria de alimentos non perecedeiros, así como de xoguetes e libros de segunda man en bo estado. O material que se recolla nos contenedores instalados no Novo Pavillón do Chanto será enviado á Asamblea Local da Cruz Vermella, para que o distribúa entre as familias con máis necesidades.
En canto á competición, o ano remata con boas perspectivas para os equipos de 1ª división, coa cuarta posición acadada polo Alfa Auriga e o Neumáticos Sarria.•