Convocado o concurso de carteis para a XXXVI Feira do Viño de Amandi

•Ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de presentación de deseños ao concurso de carteis para a XXXVI Feira do Viño de Amandi, que convoca como cada ano o Concello de Sober. A gran cita enolóxica do sur lucense celebrarase os días 19 e 20 de marzo, coincidindo coa fin de semana do Domingo de Ramos.

Según explicaron dende o Concello, os traballos deben presentarse en formato A3, con formato ríxido para facilitar a súa exposición. O deseño realizarase con técnica libre, e o tema do cartel deberá recoller o espíritu da Feira do Viño de Amandi, facendo especial fincapé no sector vitivinícola, no patrimonio e na cultura da localidade.

PREMIO DE 600 EUROS EN METÁLICO

Asimesmo, as bases establecen que só se poderá presentar un traballo por autor. O traballo gañador será premiado con 600 euros en metálico. A presentación do cartel definitivo, que será a imaxe da Feira en todos os soportes publicitarios, terá lugar o 20 de febreiro. O acto servirá tamén para dar a coñecer o programa da XXXVI Feira do Viño de Amandi, e se desenvolverá nun emprazamento singular do municipio, aínda por confirmar.

As bases están publicadas na web municipal www.concellodesober.com. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Títeres, ocioteca e a tradicional Cabalgata de Reis protagonizan o Nadal en Bóveda

Seguinte Nova

Literatura, música e creatividade plástica para celebrar o Nadal en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss