En marcha a campaña de Nadal de ACES-Sarria

•Ata o 6 de xaneiro, o comercio local asociado a ACES-Sarria ten en marcha a campaña de Nadal, para estimular o consumo no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes. Baixo o lema «Este Nadal todo o que precisas está en Sarria», a campaña sortea un total de 1.000 euros repartidos en 17 vales, de xeito que un deles terá un premio de 200 euros, e os 16 restantes terá un valor unitario de 50 euros. O sorteo celebrarase ao remate da campaña, e a organización dará a coñecer o lugar e a data de celebración, así como os nomes dos gañadores dos diversos vales de compra. Estes vales deberán ser canxeados nos establecementos asociados ao ACES-Sarria.

Ademais de premiar á clientela, dende ACES-Sarria apostan por revitalizar o ambiente navideño a través de diversas actividades de animación na rúa. Unha destas iniciativas é un photocall interactivo para nenos e maiores, que poderán posar co duende do Nadal de ACES-Sarria. Este photocall vai rotando por diversos establecementos asociados, e as fotos subiranse ás redes sociais. Ademais, os días 24 de decembro e 5 de xaneiro, Papá Noel e o Escudeiro Real visitarán os establecementos asociados a ACES-Sarria.

A instalación dos arcos coas luces de Nadal foi custeada por ACES, e o consumo eléctrico será asumido polo Concello.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte celebra o Nadal cunha ampla axenda de actos

Seguinte Nova

ICOS aumenta as superficies comerciais coa apertura dun establecemento en A Barrela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: