• Dende este mes, funciona en A Barrela unha nova tenda Mercarural, selo impulsado dende a cooperativa de segundo grao Delagro,na que está integrada a cooperativa ICOS. Según explicaron os responsables deste selo comercial, a nova tenda responde á crecente demanda de produtos agrarios e alimentarios por parte dos consumidores da zona.
Este novo establecemento comercial é o resultado da reforma realizada para ampliar a área de pescadería, que empezou a funcionar con gran éxito o ano pasado. A superficie comercial, con máis de 300 metros cadrados, permite dispoñer dun 10% máis de espazo de venta, o que permite ampliar o catálogo de produtos, sobre todo en alimentarios. Ademais, o establecemento de A Barrela incorpora a venda de piensos para mascotas e planta viva, así como diversas novidades en ferretería, bazar e xardinería.•