Literatura, música e creatividade plástica para celebrar o Nadal en Sober

•O sábado 26 haberá unha Festa de Nadal para os máis cativos, con xogos, inchables, e diversos obradoiros

En Sober espérase a visita dos Reis Magos para o 5 de xaneiro, que o ano pasado sorprenderon aos veciños en diversos puntos da capitalidade municipal.  Arquivo EC
En Sober espérase a visita dos Reis Magos para o 5 de xaneiro, que o ano pasado sorprenderon aos veciños en diversos puntos da capitalidade municipal. Arquivo EC

• Dende o Concello de Sober teñen en marcha unha ampla programación lúdica para a tempada de Nadal. Música, literatura e creatividade propia destas datas amenizarán os últimos días do ano e darán a benvida ao 2016.

CONCERTO BENÉFICO

As actividades comezaron o sábado 19 de decembro, cun concerto benéfico organizado pola Escola Municipal de Música de Sober. A cita navideña congregou a un plantel de execpción, xa que participaron a banda e coro xuvenís da Escola, a Banda de Música de Sober e o alumnado do CEIP Virxe do Carme e do PAI. O concerto, que se celebrou no Salón de Actos do Centro Sociocultural da capitalidade, serviu para recadar alimentos non perecedeiros, con destino ás familias máis necesitadas do municipio. Tamén o sábado 19 celebrouse no colexio de Sober o Festival de Nadal, que contou coa presencia de Papá Noel.

CERTAME DE POESÍA E POSTAIS DE NADAL

A creatividade terá o seu espazo no Nadal soberino, a través da literatura e da plástica. En canto ás letras, o Concello de Sober animou aos máis novos a participar no certame de poesía e postais de Nadal que convoca a Biblioteca Municipal en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo. Haberá tres categorías de premios por idades, que recibirán un diploma e un lote de libros. A organización dará a coñecer os nomes dos autores e autoras dos traballos premiados a comezos de xaneiro.

VI CERTAME DE BELÉNS

En canto á creatividade plástica, o Concello de Sober convoca a sexta edición do Certame de Beléns. Este concurso conta con dúas categorías, adultos e infantil, e as obras presentadas serán valoradas polo público durante o día 23. Os autores e autoras dos beléns premiados recibirán un diploma e un agasallo.

REMATE DO ANO

As Merendas con Contos tamén farán sitio ao Nadal, adicando as sesións dos días 22 e 29 a un maratón de panxoliñas con chocolate con churros. O sábado 26 haberá unha festa infantil de Nadal con xogos, inchables, música e obradoiros. O 4 de xaneiro, celebrarase un obradoiro e un contacontos no Centro Sociocultural, a cargo de Pablo Díaz. Os Reis Magos farán a súa tradicional visita a Sober o día 5.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocado o concurso de carteis para a XXXVI Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Tempo de Nadal nas Merendas con Contos de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss