Mulleres rurais e iniciativa empresarial na cooperativa ICOS

•A cooperativa chantadina acolleu a comezos deste mes unha xornada sobre empoderamento feminino no rural

A xornada “Atrévete contigo mesma” desenvolveuse na sede de ICOS Chantada, o pasado 2 de decembro, organizada por AGACA e Obra Social La Caixa. (Foto cedida)..

•O pasado 2 de decembro, a cooperativa ICOS de Chantada acolleu a xornada «Atrévete contigo mesma», organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social La Caixa. A charla estivo dirixida fundamentalmente ás socias desta cooperativa, para reflexionar sobre o contexto das mulleres que viven no medio rural galego, asociadas a cooperativas. As participantes tamén recibiron claves para lograr unha mellor conciliación das súas vidas persoais e profesionais, permitíndolles participar máis activamente na toma de decisións que afecten á cooperativa.

MÁIS PARTICIPACIÓN E EMPODERAMENTO FEMININOS NO RURAL

Según explicaron dende AGACA, o obxectivo desta xornada non foi só poñer de manifesto o peso da figura da muller para o avance e mantemento das poboacións rurais, senón tamén darlles a oportunidade de expoñer coas súas propias palabras qué botan en falta ou valoran positivamente con respecto da cooperativa á que pertencen.

Neste sentido, a xornada incluiu unha sesión de coaching, coa que se buscaba motivar ás asociadas para que tomen conciencia das súas propias capacidades e se integren en maior proporción nos órganos de decisión das cooperativas.

Dende AGACA e Obra Social La Caixa están a impulsar as xornadas «Atrévete contigo mesma» dentro das súas actividades en prol da igualdade de xéneros. Ata o de agora, esta xornada contou coa participación de media ducia de cooperativas de A Coruña e Lugo. Según precisaron dende AGACA, está previsto que nos vindeiros meses esta iniciativa se extenda a cooperativas de Ourense e Pontevedra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

UGT-Lemos considera “preocupante” a subida do paro nun 4,21% en novembro

Seguinte Nova

Un Nadal cheo de actividades para todos en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss