O PP de Monforte reclama a posta en servizo do ascensor da Casa da Cultura

•Solicitaron a reparación desta infraestrutura coincidindo co Día Internacional da Discapacidade

•A portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Monforte, Julia Rodríguez, pediu ao Concello que repare o ascensor que comunica a planta baixa coa biblioteca da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

PETICIÓN REALIZADA NO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Esta reclamación dos populares monfortinos coincidiu coa celebración, o 3 de decembro, do Día Internacional da Discapacidade. Por ese motivo, dende o Partido Popular de Monforte consideran «fundamental» solucionar esta situación, xa que o ascensor leva sen funcionar máis de tres anos.

SIN SERVIZO DENDE HAI TEMPO

Según precisaron os responsables desta iniciativa, a porta do ascensor está tapada cunha tarima de madeira e un banco. As persoas con discapacidade non poden acceder á primeira planta, onde se sitúa a biblioteca e os ordenadores de uso público. Os populares denuncian que, habendo un ascensor, estea oculto por un panel e unha mesa.

ACONDICIONAR OS ACCESOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE TAMÉN NOS BAÑOS DO EDIFICIO

Ademais, dende o grupo municipal do Partido Popular advertiron que os baños deste edificio tampouco son accesibles para as persoas con discapacidade. Julia Rodríguez suliñou que os baños da planta baixa teñen un banzo de 30 centímetros.

A portavoz do PP lembrou o «esforzo inversor» da Xunta ao instalar un elevador no CEIP As Gándaras e no edificio de Facenda.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intriga e misterio literario arredor do Camiño

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao reclama unha baixada do IBI

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: