Os libros, máis á man en Bóveda co “bookcrossing”

Os libros están dispoñibles nos stands  situados no Concello, no Centro Sociocultural, e nos Centros de Saúde de Bóveda e Rubián. EC
Os libros están dispoñibles nos stands situados no Concello, no Centro Sociocultural, e nos Centros de Saúde de Bóveda e Rubián. EC

• Se tes libros na casa que queres compartir ou doar, ou se che dá pereza ir ata a biblioteca a por un exemplar para ler, súmate ao «bookcrossing». Este sistema de intercambio gratuíto de libros en diversos puntos das cidades está a ter moitos seguidores dende hai anos en diversos países, e Bóveda acaba de apuntarse a esta corrente lectora. Polo de agora, os libros están á man nuns stands situados no Concello, no Centro Sociocultural, e nos Centros de Saúde de Bóveda e Rubián, pero a idea é abrir novos puntos de intercambio, según se vaia normalizando este servizo. A novidade do bookcrossing en Bóveda «está xerando preguntas, máis que intercambio de libros», explican os responsables municipais de Cultura, aínda que «se está a utilizar, e a xente devolve os libros». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para iniciar en xaneiro o programa de Ximnasia de Mantemento en Bóveda

Seguinte Nova

Títeres, ocioteca e a tradicional Cabalgata de Reis protagonizan o Nadal en Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss