Parroquias de Quiroga e do Courel activaron a campaña solidaria «Operación Kilo»

As parroquias de Folgoso, A Ermida e O Hospital foron os puntos de recollida de alimentos non perecedeiros da campaña solidaria Operación Kilo, destinados ás familias máis necesitadas dunha parroquia lucense, que este ano correspondeu á do Sagrado Corazón de Lugo. Ademais da recollida de alimentos, a campaña quere concienciar sobre a importancia da solidaridade cos que están máis preto de nós, xa que a fame non é só un problema de países alonxados, senón que está tamén a carón de nós. Nesta mesma liña de acción solidaria, o Centro Social de Quiroga desenvolveu estes días unha campaña similar entre os socios, para que contribúan aportando un quilo de alimentos non perecedeiros ou material de aseo persoal, con destino ás familias máis necesitadas. Asimesmo, o Centro Social tamén activou un servizo de recollida de roupa usada en bo estado, que se pode depositar na sede do Centro en horario de mañá e tarde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comeza en Quiroga o proceso de elaboración do aceite desta colleita

Seguinte Nova

A Biblioteca de Quiroga superou as 4.000 visitas anuais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss