Quiroga e Xermade foron os únicos municipios lucenses que acolleron este ano algún dos 59 Campos de Traballo Internacionais, organizados a nivel nacional polo Instituto da Xuventude, dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. En Galicia, os 20 campos desenvolvidos foron organizados dende a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Según explicaron os responsables da Consellería, os campos de traballo constitúen unha «excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade», xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os mozos realizan de forma altruísta e solidaria, cunha estadía de 10 ou 12 días, durante os que participan de actividades ambientais, arqueolóxicas, culturais ou de emprendemento.•





