Títeres, ocioteca e a tradicional Cabalgata de Reis protagonizan o Nadal en Bóveda

•Xa á venda por 3 euros as entradas para o espectáculo de marionetas que porá en escea a compañía Trécola o sábado 26 de decembro

A compañía Trécola porá en escea o día 28 en Bóveda o seu espectáculo de títeres  para todos os públicos “Traxicomedia de Calixto e Celestino”.  (Fotos cedidas: Trécola).
A compañía Trécola porá en escea o día 28 en Bóveda o seu espectáculo de títeres para todos os públicos “Traxicomedia de Calixto e Celestino”. (Fotos cedidas: Trécola).

• O Nadal xa comezou a festexarse no municipio de Bóveda. Coincidindo co remate do primeiro trimestre do curso escolar, o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou o tradicional Festival de Nadal, na tarde do venres 18 de decembro. Unha festa que celebra o comezo das vacacións escolares, e que tamén sirve de apertura para unha serie de xornadas lúdicas organizadas dende o Concello de Bóveda.

CITA CO TEATRO DE GUIÑOL PARA TODOS OS PÚBLICOS O SÁBADO 26

A seguinte cita lúdica do Nadal será o sábado 26 de decembro, coa posta en escea, a cargo da compañía Trécola, do espectáculo de marionetas «Traxicomedia de Calixto e Celestino».

Este espectáculo, que se iniciará ás 17,30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural, vai dirixido a todos os públicos. A obra de marionetas está protagonizadas por tres personaxes, Calixto, Celestino e Margarida, que convertirán unha tranquila xornada de lecer nun sinfín de situacións absurdas e cómicas.

As entradas para esta representación de guiñol, a prezo de 3 euros, xa están á venda no Concello, en horario de 10 a 14 horas, e no Centro Sociocultural de 16,30 a 18,30 horas. O aforo é limitado, polo que os tiquets deberán mercarse con antelación. Este espectáculo está integrado no programa Buxiganga, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A festa dos Reis ten un especial arraigamento en Bóveda, que adicou unha exposición fotográfica o pasado ano coas mellores imaxes desta tradicional celebración.  Arquivo EC
A festa dos Reis ten un especial arraigamento en Bóveda, que adicou unha exposición fotográfica o pasado ano coas mellores imaxes desta tradicional celebración. Arquivo EC

OCIOTECA GRATUÍTA EN BÓVEDA

Para os días de vacacións escolares, o Concello de Bóveda deseñou diversas actividades integradas na Ocioteca de Nadal, que se desenvolverá os días 28, 29 e 30. As sesións terán lugar no Centro Sociocultural, en horario de 10 a 14 horas. A Ocioteca é gratuíta previa inscrición.

VÍSPERA DE REIS

Unha das citas máis esperadas polos cativos é a víspera de Reis, que en Bóveda ten unha especial significación sociocultural. O día 5, as Súas Maxestades de Oriente visitarán a residencia ás 16,30, e estarán no Centro Sociocultural ás 17 horas, para atender a todos os nenos e nenas do municipio, e entregar agasallos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os libros, máis á man en Bóveda co “bookcrossing”

Seguinte Nova

Convocado o concurso de carteis para a XXXVI Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss