Todo listo para iniciar en xaneiro o programa de Ximnasia de Mantemento en Bóveda

• A partir de xaneiro, e ata o mes de xuño, o Concello de Bóveda desenvolverá o programa Envellecemento Activo 2016, que ofrece ás persoas maiores a posibilidade de realizar exercicio físico adaptado ás súas necesidades, ao tempo que socializan cos seus veciños e veciñas das parroquias.

HORARIOS DA XIMNASIA NAS PARROQUIAS

As actividades realizaranse en sesións dunha hora de duración un día á semana, os martes, mércores e xoves. A Ximnasia de Mantemento do programa Envellecemento Activo 2016 desenvolverase os martes nas parroquias de Martín (de 15:45 a 15:45 horas), Raíña (de 17 a 18 horas), Guntín (de 18,15 a 19,15 horas) e Tuimil (de 19,30 a 20,30 horas).

Os mércores, as sesións de Ximnasia de Mantemento serán en Teilán (de 15,45 a 16,45 horas), Rubián (de 17 a 18 horas), Bóveda (de 18,15 a 19,15 horas) e Ribas Pequenas (de 19,30 a 20,30 horas).

Pola súa banda, a actividade dos xoves repartirase entre as parroquias de Vilalpape (de 15,45 a 16,45 horas) Ver (de 17 a 18 horas) e Remesar (de 18,15 a 19,15 horas).

A actividade desenvolverase só nas parroquias con 10 persoas inscritas no programa. O prezo por persoa será de 5 euros mensuais, que se aboarán en pagos trimestrais, e haberá que inscribirse no Concello de 10 a 14 horas, chamando ao teléfono 982 42 60 06, ou a través do enderezo electrónico cultura@concellodeboveda.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa se poden solicitar as axudas do plan ARI para rehabilitar vivendas en Quiroga

Seguinte Nova

Os libros, máis á man en Bóveda co “bookcrossing”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: