Tres alumnos do IES A Pinguela completaron a súa estadía europea no Programa Erasmus +

Os tres alumnos do IES A Pinguela que veñen de completar a súa estadía formativa de dous meses en Portugal e Italia, a través do consorcio Erasmus+. (Foto cedida).
Os tres alumnos do IES A Pinguela que veñen de completar a súa estadía formativa de dous meses en Portugal e Italia, a través do consorcio Erasmus+. (Foto cedida).

A comezos deste mes, retornaron a Monforte os tres alumnos que realizaron unha estadía formativa durante outubro e novembro en países europeos, dentro do programa do consorcio Erasmus+. Martín Sáez e Brais López, do ciclo de Xestión Administrativa, e Sabela Vázquez, do ciclo de Peiteado e Cosmética Capilar completaron a súa formación en Portugal e Italia, realizando práticas en empresas de cadanseu sector.

PROGRAMA EN DÚAS QUENDAS

Os tres alumnos forman parte da primeira quenda deste programa, impulsado polo consorcio Erasmus+, ao que pertence o IES A Pinguela coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo. A segunda quenda deste programa desenvolverá a estadía correspondente durante os meses de marzo e abril.

FACILITAR A INSERCIÓN LABORAL

Según explicaron dende o instituto monfortino, o obxectivo deste programa, que vai dirixido aos estudantes de ciclos medios entre 18 e 30 anos, é facilitar a inserción laboral da mocidade, proporcionando a posibilidade de coñecer o mercado de traballo, adquirir experiencia laboral, e mellorar as competencias lingüísticas e de comunicación nun idioma distinto ao materno.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas acolleu o 6º Torneo Gadis Cesta de Nadal

Seguinte Nova

A Fundación CEL fomenta a iniciativa emprendedora entre o alumnado de Turismo do IES Río Cabe

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: