UGT-Lemos considera “preocupante” a subida do paro nun 4,21% en novembro

•O sindicato UGT-Lemos alertou da subida do paro nun 4,21% en novembro, porcentaxe que considera «preocupante». No conxunto das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada, os datos falan de 141 desempregados máis en novembro, cifras que o sindicato considera «moi negativas». Dende UGT-Lemos alertaron de que o paro subiu en novembro en todos os concellos das tres comarcas, con especial incidencia en O Incio, cun repunte do 7,59%, Folgoso do Courel, cun 6,25% máis de paro, e Monforte, con 4,93% máis de desempregados. Pola súa banda, Quiroga rexistrou un incremento do 3,92% no número de parados, mentres que en O Saviñao o aumento foi do 6,28%.

Por sectores, o único que non perdeu emprego en novembro foi a industria, cunha redución do paro do 1,93%. Por contra, a agricultura foi o sector máis perxudicado, cun 8,05% máis de desempregados, seguido pola construcción, cun aumento do 6,17%, e os servizos, cun 4,89% máis de parados.

Outro dos aspectos que preocupan en UGT-Lemos é o aumento do número de familias que xa non perciben a prestación por desemprego. Dos 3.488 parados rexistrados en novembro nas tres comarcas, un 46% non cobran prestación.

Xunto a este aumento do paro e á precariedade na cobertura por desemprego, dende UGT-Lemos alertaron dunha diminución do número de emprendedores, e unha redución do número de contratos indefinidos. Ademais, o panorama complícase, según esta formación sindical, coa caída nas afiliacións á Seguridade Social na provincia, cunha redución do 0,7%, e con 112 cotizantes menos na zona sur de Lugo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao reclama unha baixada do IBI

Seguinte Nova

Mulleres rurais e iniciativa empresarial na cooperativa ICOS

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: