Xa se poden solicitar as axudas do plan ARI para rehabilitar vivendas en Quiroga

•O ARI inclúe parte do núcleo urbán de Quiroga, a Praza Maior e Pacios de Mondelo •As axudas serán de ata 11.000 euros por vivenda, cubrindo ata o 35% do custe •As obras deben estar rematadas antes do 30 de novembro de 2016

O obxectivo dos plans de rehabilitación é contribuír ao bo mantemento das edificacións, para facilitar a súa habitabilidade e corrixir problemas de estética urbana.  Arquivo EC
O obxectivo dos plans de rehabilitación é contribuír ao bo mantemento das edificacións, para facilitar a súa habitabilidade e corrixir problemas de estética urbana. Arquivo EC

• Dende este mes de decembro xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do plan ARI de rehabilitación de vivendas en Quiroga. O importe máximo que se concede é o 35% do custe dos traballos, cun tope de 11.000 euros de axuda por vivenda, e afecta a parte do núcleo urbán de Quiroga, a Praza Maior e Pacios de Mondelo. As axudas poderán solicitalas tanto os propietarios dos inmobles como as comunidades de veciños, e tamén agrupacións de comunidades de propietarios e entes asociativos de xestión.

INSPECCIÓN TÉCNICA PREVIA Á SUBVENCIÓN

Como paso previo, os interesandos deberán solicitar unha visita de inspección técnica antes de pedir a subvención. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.

Toda a información sobre o plan ARI e a solicitude das axudas está dispoñible na Oficina da Vivenda, ubicada no antigo cárcere, e a través do teléfono 982 42 83 97.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga, entre as 20 sedes galegas dos Campos de Traballo Internacionais celebrados en 2015

Seguinte Nova

Todo listo para iniciar en xaneiro o programa de Ximnasia de Mantemento en Bóveda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: