Adriano López, “modelo do ano” para a revista Egalité

A portada da edición masculina da revista Egalité está adicada ao paradelés afincado en Monforte Adriano López, “modelo do ano” desta cabeceira de moda. (Foto:  Pauloff Fotografía).
A portada da edición masculina da revista Egalité está adicada ao paradelés afincado en Monforte Adriano López, “modelo do ano” desta cabeceira de moda. (Foto:
Pauloff Fotografía).

• Adriano López está a pechar un exitoso 2015. Este paradelés afincado en Monforte acadou un importante logro na súa faceta como modelo de fotografía, ao ser investido como Mister Fitness no certame internacional de Perú. Este galardón nomeou a Adriano como «o mellor corpo do mundo», algo que ten moito que ver coa súa adicación profesional como adestrador persoal no Gimnasio Neka de Monforte.

«PERSEVERANCIA E DISCIPLINA», A FÓRMULA DO ÉXITO

Pero esta valorización revalidouse este mes de decembro, cando a edición masculina da revista Egalité adica a Adriano a portada do seu número especial. O «modelo do ano», según o definiu Raúl Sánchez Huitrón, director da revista, é protagonista dunha extensa reportaxe de 13 páxinas, cunha ampla entrevista na que fai un resumo da súa traxectoria como modelo, os seus trucos para manterse en forma, e o seu perfil persoal. Detalle no que, como afirma Sánchez Huitrón no editorial, destacan a «perseverancia e a disciplina» de Adriano.

A entrevista vai acompañada por unha coidada e amplia reportaxe fotográfica, a cargo de Pauloff Fotografía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os monfortinos The Poet’s Silence presentan o seu primeiro CD

Seguinte Nova

A 6ª Bienal Iberoamericana de Deseño premia o traballo da monfortina Sheila Pérez González

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: