Anuncian un plan de mellora dos catamaráns para finais de ano

•Esta medida estaría dentro do Plan Integral de Turismo que Darío Campos quere desenvolver o vindeiro ano

As melloras desenvolveranse aproveitando a redución de reservas dos catamaráns por mor do inverno.  Arquivo EC.
As melloras desenvolveranse aproveitando a redución de reservas dos catamaráns por mor do inverno. Arquivo EC.

•A Deputación de Lugo anunciou un plan de mellora dos catamaráns, previsto para finais de ano, aproveitando a redución das reservas turísticas deste servizo debidas ás condicións climatolóxicas e á tempada de inverno. Según adiantou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, realizaranse tarefas de mantemento e reparación das catro embarcacións, que inclúen traballos de mecánica e pintura.

Esta decisión formalizouse logo das visitas que Vidal Baamonde realizou o mes pasado aos embarcadoiros, para coñecer de primeira man o estado de conservación e de funcionamento dos catamaráns, e para escoitar aos responsables dos establecementos. O deputado de Turismo tamén contactou cos responsables do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, aos que lles trasladou persoalmente a posta en marcha deste plan de mellora das embarcacións fluviais.

Según explicaron dende o organismo provincial, a Deputación vai aproveitar estas actuacións para deseñar un plan de mellora das rutas fluviais en colaboración cos colectivos e establecementos da zona. Con este obxectivo, o deputado de Turismo anunciou unha rolda de contactos para escoitar as necesidades e demandas do sector.

Estas dúas actuacións estarían enmarcadas, según precisaron os responsables provinciais, na aposta do presidente da Deputación, Darío Campos, para impulsar un Plan Integral de Turismo o vindeiro ano. O mandatario provincial anunciou o mes pasado no Parlamento de Galicia a súa intención de potenciar o sector turístico para xerar riqueza e emprego na provincia. Campos fixo este anuncio na súa comparecencia na Cámara galega para explicar as liñas básicas dos Orzamentos para 2016. Estas contas incluirían 500.000 euros ao inicio deste plan, e outros 2 millóns para impulsar o turismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o Plan Invernal na rede de estradas provinciais

Seguinte Nova

10 finalistas do II Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: