Constituído o consello de administración de Suplusa

•García Porto considera que con esta composición «queda garantida» a rede de residencias e centros de día»

• O pasado 7 de decembro, quedou constituído o novo consello de administración de Suplusa, á que lle corresponden, entre outras competencias, a construción da rede de residencias e centros de día provinciais. En canto á composición do consello, Darío Campos foi nomeado por unanimidade presidente deste órgano. O propio Campos foi quen propuxo que o deputado non adscrito, Manuel Martínez, formase parte do consello de administración, para que todos os deputados tivesen representación, proposta que tamén foi aprobada por unanimidade. Xunto con Martínez, outros tres deputados integran o número de representantes directamente nomeados: Pilar García Porto polo PSdeG-PSOE, Xosé Ferreiro polo BNG, e Elena Candia polo PP.

Darío Campos propuxo para a vicepresidencia de Suplusa a Manuel Martínez, argumentando que este deputado, «a diferencia do PP, nunca se opuxo a ningún dos centros que contempla este proxecto». A proposta de Campos saiu adiante a pesar dos votos en contra do BNG. Neste sentido, a vicevoceira do grupo socialista provincial, García Porto, explicou que «temos que cambiar as fórmulas para garantir a gobernabilidade deste Executivo Provincial e acordos cos que continuar os proxectos que iniciamos en mandatos anteriores». Pola súa banda, o nacionalista Ferreiro, entendeu «a necesidade de buscar acordos», pero non aceptou a Martínez «en base á proporcionalidade».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O sur de Lugo celebra o Nadal

Seguinte Nova

Deputación e Abanca destinarán 37 millóns en créditos para familias e pemes lucenses

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss