Deputación e Abanca destinarán 37 millóns en créditos para familias e pemes lucenses

•Ambas entidades renovaron o Plan Activamos, que incrementa un 20% o seu importe nesta edición

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, logo da sinatura do acordo o 2 de decembro. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, logo da sinatura do acordo o 2 de decembro. GPDL.

• A Deputación de Lugo e Abanca veñen de renovar o Plan Activamos, unha iniciativa polo que esta entidade achegará 37 millóns de euros en crédito familias, pemes, autónomos e corporacións locais para impulsar o desenvolvemento económico da provincia. O 2 de decembro tivo lugar a sinatura do convenio, na que participaron o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa García. Según explicaron dende o organismo provincial, a nova edición do Plan Activemos incrementa nun 20% o importe de financiamento respecto ao primeiro convenio de colaboración, asinado en xullo de 2014.

CONDICIÓNS DOS CRÉDITOS ADSCRITOS A ESTE CONVENIO

Dende a Deputación, suliñaron que estes créditos aportan condicións vantaxosas para os beneficiarios. Así, os tipos de xuros están por debaixo do prezo de mercado e sen bandas de fluctuación. Por outra banda, non aplican gastos de comisión de apertura, estudo, amortización ou cancelación. Asimesmo, ofrecen amplos prazos de amortización e posibilidade de carencia en casos concretos.

COBERTURA DOS CRÉDITOS PARA PEMES E AUTÓNOMOS

O Plan Activamos vai destinado a pemes, familias e corporacións locais. En canto a pemes e autónomos, o programa de créditos impulsado pola Deputación e Abanca ofrece financiamento para a posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos seus negocios, e tamén cobre necesidades de circulante.

CRÉDITOS PARA AS FAMILIAS

En canto aos créditos destinados ás familias, Abanca oferta préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade o á eficiencia enerxética, e adquisición de vehículos eficientes.

FINANCIAMENTO PARA CORPORACIÓNS LOCAIS

Para as corporacións locais, Abanca posibilita que estas entidades poidan optar a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais, e tamén para atender necesidades de tesourería.

MÁIS DE 1.000 PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS LUCENSES FINANCIÁRONSE CON ESTE PLAN

No marco do Plan Activamos, Abanca leva formalizadas 1.143 operaciones de financiamento na provincia de Lugo, cun importe global de 34 millóns de euros. Os principais beneficiarios foron pemes, micropemes, comerciantes e autónomos, que supuxeron o 97% das operacións e o 87% do financiamento concedido na provincia. En cifras totais, o Plan Activamos apoiou con crédito a 1.104 pequenas empresas e autónomos, que recibiron en total 29,5 millóns de euros.

Según explicaron dende Abanca, os créditos a estes colectivos empresariais destináronse sobre todo a financiar novos investimentos empresariais e, en menor medida, a atender necesidades de liquidez. O plan tamén favoreceu a posta en marcha de 71 proxectos de emprendedores na provincia. O importe medio do financiamento a pemes e autónomos foi de 29.800 euros.

As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos permitiron xa a inxección de 444.000 euros en Lugo. As familias lucenses aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiaren obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de 16.400 euros.

«IMPULSO» PARA A PROVINCIA DE LUGO

Logo da sinatura do convenio, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, suliñou a importancia deste programa «tendo en conta o peso das pemes e autónomos dentro da nosa provincia». Campos tamén valorou «o carácter social de Abanca», que «permite ofrecer servizos de calidade aos veciños do rural, en prol da igualdade de oportunidade entre os cidadáns, algo vital para o desenvolvemento da nosa provincia». Pola súa banda, o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa, destacou o alcance deste programa na provincia, e agradeceu a colaboración da Deputación «para impulsar o progreso da provincia».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Constituído o consello de administración de Suplusa

Seguinte Nova

La última derrota deja a los lemistas en tierra de nadie

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: