Espertamonforte practica a política solidaria

•Esta formación doou a Cáritas o importe que a súa representante na Corporación local percibiu do Concello

A doazón serviu para mercar produtos demandados polo banco de alimentos de Cáritas, como alimentos e roupa de abrigo para o fogar. (Foto cedida).
A doazón serviu para mercar produtos demandados polo banco de alimentos de Cáritas, como alimentos e roupa de abrigo para o fogar. (Foto cedida).

• Espertamonforte vén de doar a Cáritas Monforte os 600 euros que lle corresponderon en concepto de asignación de partidos pola súa representante na Corporación Local, Maribel García. Esta doazón materializouse na adquisición de diversos lotes de alimentos de primeira necesidade, como leite, galletas, pasta e conservas, con destino ao banco de alimentos de Cáritas.

Os responsables de Espertamonforte tamén mercaron varias unidades de roupa de abrigo para o fogar, como mantas ou edredóns, respondendo ás necesidades detectadas por Cáritas. A concelleira de Espertamonforte, Maribel García, destacou que o destino da doazón foi consensuada cos responsables de Cáritas, para aliviar a situación de «extrema necesidade» na que se encontra o banco de alimentos desta asociación.

Asimesmo, dende Espertamonforte puntualizaron que as compras dos diversos produtos foron realizadas en establecementos do comercio local monfortino.

HABERÁ MÁIS DOAZÓNS

Os responsables de Espertamonforte suliñaron que esta doazón responde á primeira partida ingresada polo Concello, e que está pendente de recibir o ingreso correspondente ao segundo semestre do ano. Conscientes da existencia doutras asociacións e colectivos que veñen realizando unha importante labor social, dende Espertamonforte anunciaron que convocarán unha asamblea no mes de xaneiro, para decidir, entre outros aspectos, o destino desta segunda doazón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fotografía e teatro encheron a Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Expertas en historia e literatura achegaron aos escolares monfortinos as figuras de Cervantes, o VII Conde de Lemos e Don Quijote

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: