•A acción teatral «En busca do Cabaleiro» desenvolveuse por varios puntos da cidade •A iniciativa formou parte dos actos do IV Centenario da publicación da II parte de «Don Quijote»
• O sábado 19 de decembro, Monforte convertiuse nun gran teatro para a acción teatral «En busca do Cabaleiro», unha iniciativa na que participaron máis de 60 actores e figurantes. Esta función estivo organizada por Espazo Artístico 10 e Os Palimoquiños, dentro do programa de actos para celebrar o IV Centenario da publicación da II parte de El Quijote. Esta acción teatral foi un encargo da Irmandade da Ribeira Sacra a estas dúas asociacións, co apoio da Consellería de Cultura e do Concello de Monforte.
«En busca do Cabaleiro» arrincou da historia dunhas nenas que non querían facer un traballo de clase sobre a lectura da II parte de Don Quijote. A súa nai, a avoa e unha mestra deciden contratar a uns titiriteiros para que dean vida a Don Quijote e a outras personaxes en Monforte, lembrando a aquelas compañías ambulantes que percorrían a España do Século de Ouro. No escenario de Monforte, aparecerán persoeiros locais como don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, a súa esposa, doña Catalina de la Cerda, ou o Cardeal Don Rodrigo de Castro, ademais de Lope de Vega ou o mesmo Miguel de Cervantes, quen adicou esta obra ao seu mecenas, o Conde de Lemos. (Fotos: EC).