O alcalde de Monforte, José Tomé, asistiu á cerimonia en Madrid invitado pola Casa Real
• A cidade de Monforte estivo representada polo seu alcalde, José Tomé, no acto de concesión da nacionalidade española aos sefardíes que son orixinarios de España, celebrada no Palacio Real de Madrid o pasado 30 de novembro. O rexedor monfortino acudiu a esta cerimonia invitado pola Casa Real, xa que Monforte foi un dos lugares de Galicia onde se rexistrou unha maior presenza de poboación xudía.
TOMÉ: «A PARTICIPACIÓN DE MONFORTE NESTE ACTO FOI UNHA VERDADEIRA HONRA PARA A CIDADE»
José Tomé cualificou este evento como «unha reconciliación coa Historia». O rexedor local destacou que «é unha verdadeira honra que a cidade de Monforte poida formar parte deste recoñecemento de Estado ós descendentes dos xudeus que viviron na Península Ibérica». Tomé suliñou asimesmo o «activo» papel de Monforte como socio da Rede de Xuderías de España.
O pasado 1 de outubro entrou en vigor a Lei 12/2015 do 24 de xuño, pola que se regula a concesión da nacionalidade española ós sefardís que son descendentes de españois, aínda que non estean residindo neste país. A lei esixe que acrediten as súas raíces e o seu coñecemento da lingua e da cultura española. A norma restitúe os dereitos dos descendentes de quenes foron expulsados de España hai máis de cinco séculos polos Reis Católicos.•