Obradoiros, expositores e unha xuntanza de palilleiras do sur lucense encheron os tres días de feira
• Os días 19, 20 e 21 de decembro, o espazo expositivo da Praza de Abastos de Monforte acolleu a feira Artelemos, unha cita coa artesanía local e rexional que vén de ser recuperada polo Concello logo de varios anos sen celebrarse. Un total de doce artesáns, dos que a metade son da comarca de Lemos e a outra de diversos puntos de Galicia, amosaron as súas creacións. Orfebrería, téxtil, cestería, lá, escultura e madeira tiveron presenza nesta edición. A feira integrou un espazo para a olería, coa variedade de Gundivós da man dos oleiros Elías e Tomás, que realizaron demostracións en vivo, e da olería de Buño, da zona de Bergantiños.
Artelemos tamén foi o punto de encontro dunha xuntanza de palilleiras de Lemos e arredores, que sorprenderon aos visitantes cos seus espectaculares traballos e a vistosidade das súas técnicas.•