No IES Lama das Quendas levan unha apretada axenda cultural ata final do trimestre. Para despedir o ano, na última semana antes das vacacións de Nadal, o centro organizou unha serie de eventos nos que puido disfrutar toda a comunidade educativa. O deporte e a música foron os protagonistas destas actividades.
FINAIS DE FÚTBOL SALA
Por unha banda, o venres 18 celebráronse as finais do campionato de fútbol sala, na que participaron unha serie de equipos de todos os niveis educativos. Esta actividade, que tivo lugar no último tramo da mañá, foi organizada polo Departamento de Educación Física.
MÚSICA, ARTE E TEATRO
Pola súa banda, o Departamento de Música do IES Lama das Quendas organizou o día 17 unha xornada sobre vangardas musicais, na que o alumnado de 4º ESO desenvolveu diversas intervencións musicais e artísticas en varios espazos do instituto, nun percorrido polas tendencias musicais do século XX. Esta actividade completouse ao día seguinte coa representación do primeiro acto da obra de Castelao «Os vellos non deben de namorarse.»•