•O clube monfortino estreouse no podio da modalidade de combate, co bronce de Junior Martínez no seu debut en competición nacional
• A traxectoria do club Neka vén de firmar un novo éxito, coa conquista de 4 medallas no Campionato de España, celebrado en Benicassim do 5 ao 8 de decembro. A dificultade de subir ao podio nesta competición contrasta co medalleiro que xa acumulan os de Monforte. «Traer medalla dun nacional é algo inusual que para nós estase facendo habitual», explica José Mª Vega, adestrador do Neka, que cualifica estas 4 medallas como «resultado espectacular». «É certo que dende 2013 levamos acadando metais en campionatos nacionais de clubes, de seleccións e nos open», suliña Vega, «pero hai que ser conscientes de que é algo moi difícil, que non está ao alcande de todo o mundo». No plantel de medallistas, Carla Pardo foi subcampiona de España en categoría benxamín, e Carlos Fernández acadou o bronce logo dunha gran remontada, «amosando a súa calidade como competidor», según precisou Vega. Na modalidade de trío junior, Carlos Rey, Rodrigo Huanay e Álex Camba lograron unha meritoria prata, só superados polo actual trío da selección española. O medalleiro dos de Neka completouse co bronce de Junior Martínez Castillo, que debutaba en combate e que logrou o primeiro metal para o Neka nesta disciplina. «Quitámonos unha espiniña que tiñamos aí, xa que por dúas veces rozamos o podio en combate», destaca Vega. O adestrador valorou o traballo dos deportistas que chegaron ás finais sen medalla individual: Laura Álvarez, Marco García, José Roca, Carlos Rey e Álex Camba. «Tamén é un éxito, porque quedaron entre os 8 mellores de España nas súas categorías», explica o seu adestrador.•