
• O 17 deste mes tivo lugar a entrega de premios correspondente ao IV Concurso de Postais de Nadal, que promove o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración con Cáritas Monforte. O concurso estivo destinado a usuarios de Cáritas con diversos perfís e idades. Este ano, os premios recaeron nos traballos presentados por Johana Alvarado, Irene Dos Santos, Ana Mary, R.P., a familia Eugenio Dos Santos, e Ricardo Dos Santos.
DESEÑOS PARA AS TARXETAS DE NADAL
Os premios consistiron en diversas cestas de Nadal que inclúe, entre outros elementos, unha pequena gratificación económica. Según explicaron dende o Consorcio, con esta iniciativa preténdese contribuir a que cinco familias con limitacións económicas ou en situación de exclusión poidan dispoñer dunha aportación especial para estas festas.
Os cinco deseños gañadores servirán para ilustrar as tarxetas de felicitación navideña do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para este Nadal.•